Pelayo Seguros conta cunha oficina en Marín, situada na rúa Jaime Janer, da man de José Manuel García Bermúdez, axente exclusivo da compañía na comarca do Morrazo.
Desde a oficina ofrecen atención e asesoramento personalizado para particulares, autónomos e empresas, con seguros de automóbil, moto, fogar, saúde, vida, accidentes, decesos, comercios, oficinas, pemes ou responsabilidade civil, entre outros.
Na atención directa ao público en Marín atopamos tamén a Lola Berrocal, profesional cunha ampla traxectoria no sector asegurador e moi coñecida na vila.
A súa aposta pola atención presencial permite resolver contratacións, renovacións, partes e outras xestións de maneira próxima e directa.