Qué é Marín en Rede?
Marín en Rede é o espazo común do comercio e a hostalaría local de Marín promovido polo Concello, un lugar dentro desta rede dixital no que posicionar á economía da nosa vila, impulsando a súa dixitalización e presenza online.
O pequeno comercio e a hostalaría enfróntanse a importantes retos. Por iso e máis que nunca temos que soster esta rede de emprendedores que enriquece a nosa vida municipal, remando todos nun mesmo barco para lograr a reactivación económica do noso tecido produtivo.
Bota o Anzol!
Son Comerciante
Mellorando a túa visibilidade na rede a través de Marín En Rede, a plataforma do Concello, chegarás a máis posibles clientes aos que “botar o anzol” para que coñezan mellor o teu negocio e os teus produtos ou servizos.
A medida que Marín En Rede vaia crecendo, poderás acceder de xeito prioritario a obradoiros de formación en competencias dixitais e ás campañas de visibilización que se desenvolvan.
Formar parte de Marín En Rede é totalmente gratis. Só tes que poñerte en contacto con nós e darte de alta na nosa base de datos.
Déixate pescar!
Son Cliente
En Marín En Rede poderás atopar un directorio con todos os establecementos da túa vila: electrodomésticos, alimentación, téxtil, prensa…
Poderás coñecer máis de preto aos teus comerciantes, poñerlles cara e entender mellor o seu negocio
Poderás participar nas campañas de dinamización comercial a través de sorteos, descontos… E serás un “redeiro” máis do noso tecido económico local!