Alén das olas é un estudo-obradoiro de cerámica apaixonado coa labor creativa de obxectos cotidiáns cun estilo diferenciador xa que todos os procesos aplicados son totalmente manuais, dende o amasado das arcillas, á elaboración das pezas, a decoración e o esmaltado.
Artesanía feita dende Marín que percorre a xeografía galega de feira en feira, de festa en festa, facendo divulgación da tradición cerámica na nosa cultura.
Un estudo aberto.
Nel poderás atopar un oco para adentrarte e formarte nas técnicas desta apaixonante arte.