En Activamente cremos que a aprendizaxe se produce ao longo de toda a vida. Por iso nosa proposta educativa abarca tanto a infancia como a idade adulta.
Queres formar parte da familia ACTIVAMENTE?
Ponche en contacto connosco. Ofrecémosche unha contorna segura e unha metodoloxía innovadora coa que desenvolverás as túas capacidades.
Proporcionarémosche atención personalizada e asesoramento para que poidas elixir o programa que mellor se adapte a ti.
– CLASES DE REFORZO: Programa educativo dedicado a traballar de forma diaria os contidos escolares. Repasando e reforzando os temarios aprendidos en clase. Grupos Reducidos. Metodoloxía activa e participativa. Seguimento e atención personalizada.
– INGLÉS LÚDICO: Aprende inglés de forma fácil e divertida a través de xogos, contos, cancións, actividades manipulativas… Clases bilingües, en grupos reducidos con contidos adaptados á idade e nivel dos participantes.
– ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES
– ACTIVIDADES LÚDICAS en períodos vacacionais
– TALLERES DE MEMORIA: Un espazo dirixido a persoas maiores de 60 anos, no que realizamos sesións individuais e/o en grupos reducidos de estimulación cognitiva. O obxectivo é preventivo. A nosa metodoloxía, totalmente personalizada, axudarache a manter capacidades como a memoria, a atención, o razoamento ou a linguaxe.