Produción e venda de cerámica artesanal. Fanse encargos personalizados, así como restauración. Cursos, divulgación, formación. Demostracións didácticas do oficio.
Alén das olas é un estudo-obradoiro de cerámica apaixoado co labor creativo de obxectos cotiás cun estilo diferenciador, xa que todos os procesos aplicados son totalmente manuais, dende o amasado das arcillas, até a elaboración das pezas, pasando pola decoración e o esmaltado.
Artesanía feita dende Marín que percorre a xeografía galega de feira en feira, de festa en festa, facendo divulgación da tradición cerámica na nosa cultura. Un estudo aberto. Nel poderás atopar un oco para adentrarte e formarte nas técnicas desta apaixoante arte.