Despois da declaración do estado de alarma pola Covid-19 e da situación extraordinaria que estamos vivindo a partir da declaración da pandemia pola OMS, requírese por parte dos Profesionais da Saúde un novo enfoque da atención sanitaria a realizar cos usuarios/pacientes co fin de abordar os novos retos que se nos presentan.
En Centro de Fisioterapia LOIS temos presente esta nova realidade, polo que dotamos o noso centro dos medios de protección e desinfección necesarios e reorganizamos a nosa actividade con criterios de seguridade para os nosos pacientes e profesionais.
A garantía de acudir a Centro de Fisioterapia LOIS (FisioLOIS) en Marín é saber que cumprimos todos os protocolos en materia de prevención e seguridade, e que os nosos pacientes sempre son atendidos por fisioterapeutas colexiados.
Se tes problemas de espalda, articulares ou reumáticos; precisas recuperación funcional tras unha operación, sufriches unha lesión derivada da práctica deportiva, pola túa ocupación laboral ou tiveches un accidente de tráfico, somos o teu centro de Fisioterapia en Marín.
Previa cita, realizamos tratamentos individualizados de terapia manual, masaxes, electroterapia, ultrasón, láser, magnetoterapia, termoterapia, vendaxe funcional, kinesiotape e parafina.
En FisioLOIS realizamos tratamentos de fisioterapia respiratoria infantil e atendemos múltiples enfermidades pediátricas.
Dende as últimas décadas somos un dos centros de referencia en Pontevedra e Galicia para o tratamento de todo tipo de patoloxías neurolóxicas, xeriátricas e neurodexenerativas.

Video

Como Chegar

Contactar co establemento

    Cómo quere ser contactado?

    Acepto a Política de Privacidade de Marín en Rede.

    Autorizo que o establecemento contacte conmigo.

    Pechado

    Horario

    • Luns 09:00 - 13:00
      15:30 - 20:30
    • Martes 09:00 - 13:00
      15:30 - 20:30
    • Mércores 09:00 - 13:00
      15:30 - 20:30
    • Xoves 09:00 - 13:00
      15:30 - 20:30
    • Venres 09:00 - 13:00
      15:30 - 20:30
    • SábadoPechado
    • DomingoPechado