é Restaurante é o resultado dun soño compartido e dunha aposta valente por crear algo propio, auténtico e con alma no noso pobo.

Nace do esforzo dun mozo cociñeiro, Marcos S. Area, que con só 28 anos conta cun amplo percorrido profesional.
A nosa cociña pon o foco no coidado dos pequenos detalles, coa vontade de ofrecer unha experiencia gastronómica que vaia máis alá do prato.

Cada receita reflicte o noso compromiso coa calidade, o sabor e a dedicación en cada paso, desde a escolla dos ingredientes ata o trato persoal co cliente. Pero, sobre todo, é Restaurante nace cunha motivación profunda: construír un espazo que inspire, que una e que emocione.

Queremos que cada visita sexa un momento especial, un lugar no que sentirse a gusto, coma na casa.

Porque detrás de cada prato hai unha historia de traballo, ilusión e moito corazón.

Como Chegar

Contactar co establemento

    Cómo quere ser contactado?

    Acepto a Política de Privacidade de Marín en Rede.

    Autorizo que o establecemento contacte conmigo.

    Aberto

    Horario

    • LunsPechado
    • MartesPechado
    • Mércores 13:00 - 16:00
      21:00 - 23:30
    • Xoves 13:00 - 16:00
      21:00 - 23:30
    • Venres 13:00 - 16:00
      21:00 - 23:30
    • Sábado 13:00 - 16:00
      21:00 - 23:30
    • Domingo 13:00 - 16:00
      21:00 - 23:30