Fociño · Cociña Brava nace cunha idea moi clara: poñer o produto galego no centro, pero afastándose das fórmulas de sempre.
A súa proposta parte da materia prima da nosa terra e combínaa con outras técnicas, elaboracións e formas de entender a cociña, buscando demostrar que Galicia pode expresarse no prato de moitas maneiras diferentes. O lume, a brasa e o respecto polo produto forman parte dunha cociña con personalidade propia, na que cada ingrediente se traballa para sacar todo o seu potencial.
A carta vai cambiando con frecuencia segundo a tempada, a dispoñibilidade e o produto que chega en cada momento, facendo que cada visita poida ser diferente.
Todo isto complétase cunha selección de viños pensada para acompañar a proposta gastronómica e reforzar esa mesma filosofía: produto, criterio e identidade.
🐗 Cociña galega, si. Pero contada doutra maneira.