Perruquería que tamén ofrece servizos de estética. Ademais de ter os servizos básicos, tamén preparamos para bodas, bautizos e comunións. Somos especialistas en tricoloxía capilar (anomalías e tratamentos de coiro cabeludo e de cabelo) mediante diagnóstico con microcámara.
Temos servizos de hair contouring, consistente nun cambio de imaxe utilizando técnicas de visaxismo (óvalo, gustos, traballo…) e totalmente persoalizado e adaptado á clienta.
En estética, traballamos os servizos básicos, así como técnicas manuais: maderoterapia corporal e facial, remodelación do corpo de xeito individualizado…