Xaneiro non é só o mes das rebaixas
As rebaixas poden ser importantes para determinados sectores, pero non son a única oportunidade comercial do mes.
Xaneiro tamén significa novos propósitos, cambios de hábitos, organización e inicio de novos proxectos. Dependendo do teu sector, pode ser un momento interesante para adaptar a comunicación e destacar outros produtos ou servizos.
O importante é entender que precisa a túa clientela neste momento do ano.
Converter unha visita nunha relación duradeira
Atraer nova clientela require tempo e esforzo. Conseguir que unha persoa que xa coñece o teu negocio volva pode ser moito máis sinxelo.
Por iso, despois da campaña de Nadal paga a pena prestar atención a todas esas persoas que pasaron polo establecemento durante as últimas semanas.
Porque unha boa experiencia non debería rematar coa compra: pode ser o inicio dunha relación duradeira co comercio local de Marín.
