Blog

Últimas Novas
O autocine de Marín reuniu a 50 coches na Praza do Regueiro na noite do pasado sábado

O autocine de Marín reuniu a 50 coches na Praza do Regueiro na noite do pasado sábado

A pasada noite do sábado, a Praza do Regueiro de Cantodarea converteuse nun cine ao aire libre cunha pantalla de 16 metros de ancho para ver a película Joker desde a comodidade e a seguridade do coche.

O primeiro autocine de Marín resultou un “éxito”, apuntou esta mañá o Concello, que destacou a boa participación coa que contou a iniciativa. En total, foron 50 os coches que conseguiron unha entrada, recadando 2.500 euros en tickets de compra no establecementos de comercio e hostalaría locais adheridos a Marín en Rede.

Esta alternativa de ocio permitiu ofrecer unha experiencia lúdica diferente á veciñanza de Marín, cumprindo con todas as medidas de prevención e seguridade asociadas á Covid19, e premiando a súa fidelidade co comercio local.

Creando estas sinerxias, búscase involucrar á veciñanza á que lle gusta gozar de diversos actos culturais na dinamización comercial da nosa vila, creando un circuíto de consumo local que axude aos establecementos de Marín nesta época ardua que lles toca atravesar.

 

Marín en Rede, unha plataforma dinámica

O Concello impulsou en pleno confinamento esta plataforma dixital da economía local co obxectivo de apoiar ao pequeno comercio e á hostalaría da vila e ofrecerlles un espazo moderno, dixital e útil para a súa visibilidade e dinamización no mundo online.

Con 160 establecementos inscritos, a plataforma seguirá servindo para acubillar diversas campañas dirixidas tanto aos propios comerciantes e hostaleiros como á veciñanza.

Para formar parte da rede comercial, basta con encher o formulario que se atopa na web (www.marinenrede.com).

 

Artigos Relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *