Blog

Últimas Novas
O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San Valentín

O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San Valentín

O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San Valentín

O amor ten múltiples formas e se dalgo temos que estar namorados é do noso comercio local. Ese é o espírito da campaña de dinamización e visibilización da
economía local que lanzou o Concello de Marín a través de Marín en Rede con motivo da cercanía do San Valentín.

A iniciativa foi presentada pola alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, esta mañá e nela “o que buscamos é precisamente
mostrar que hai moitos tipos de afectos e que todos son importantes”. Baixo o lema “Enrédate co comercio local”, desde o Goberno local queren animar á
veciñanza a “apostar polo noso comercio e a nosa hostalaría como o lugar onde facer as nosas compras, facendo progresar á nosa vila entre todos”.

Os protagonistas da campaña son:
● Luisa e Ana, perruqueira e clienta de Luisa Crespo Estilistas
● Sergio e Omar, irmáns á fronte de Joyería Rosant
● Fernando e Ángel, dono e cliente respectivamente da tenda Bio Granel
● Manuel e Kirsy, compañeiros no restaurante Casino
● Beatriz e Julia, irmás de Federópticos Doval
● Elena e Juan, nai e fillo da Farmacia Pedrosa Lorenzo
● Julio e Elaine, compañeiros no restaurante Javitxus
● Alicia e Andrés, parella que rexenta a clínica Alter Saúde

A campaña estará visible nos mupis da cidade, así como nunhas lonas que se colocarán a próxima semana. Tamén terá eco nas redes sociais e na pantalla LED
da Praza de España.

Artigos Relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *