Blog

Últimas Novas
Como facer un inventario?

Como facer un inventario?

Un inventario consiste na operación de comprobar e tomar nota das existencias de mercadorías ou materias primas que hai nun almacén e da súa valoración en diñeiro.

É importante facer un inventario debido a que ao longo do ano as existencias entran e saen do almacén. A súa compra supón un gasto, mentres que a súa venda supón un ingreso, e as dúas formarán parte do resultado do exercicio.

De feito, é unha obrigación legal, xa que o Libro de Inventario de Contas Anuais, é un libro obrigatorio para todos os empresarios. Neste libro teñen que figurar o Balance de Situación, Perdas e Ganancias, e Balances de Sumas e Saldos trimestrais.

Desta forma, o valor que teñen as contas contables das existencias é o valor que tiñan no inventario de almacén que se fixo ao acabar o ano anterior, e dito valor non varía ao longo do ano.

É importante destacar que facer un inventario axuda a aforrar gastos por compras duplicadas, conservación ou roubos e roturas. Ademais, pagarás menos impostos, xa que deducirás o 100% do consumo real de materiais e produtos.

TIPOS DE INVENTARIO
Existen varios tipos de inventario, pero principalmente diferéncianse pola súa natureza e periodicidade:

  • Natureza
    • Materias primas
    • Subministros de fábrica
    • Produtos en proceso de fabricación
    • Produtos procesados
  • Periodicidade
    • Anual (obrigatoria)
    • Periódico ou rotativo
    • Permanente

CANDO FACER INVENTARIO?
O inventario ten que facerse como mínimo unha vez ao ano de forma obrigatoria. Nesta valoración anual hai que ter en conta as compras e vendas. Pero ademais, é importante contabilizar a diferenza de material que había no almacén ao principio do exercicio e o que hai ao final, xa que isto terá que contabilizarse como ingreso ou como gasto, e será o valor contable.

PASOS A SEGUIR PARA FACER UN INVENTARIO:
Ao rematar o ano contable teremos que facer un inventario final que consistirá en:

  1. Ubica o espazo onde farás o reconto dos artigos.
  2. Define o sistema a seguir para facer o inventario.
  3. Crea o documento onde rexistrarás os movementos.
  4. Pechar o almacén e que non haxa entradas nin saídas de existencias mentres o leves a cabo.
  5. Comprobar que os produtos almacenados están clasificados e ordenados.
  6. Verificar fisicamente cantas unidades hai de cada produto e rexistralo nun documento (anotando cada produto por separado co seu código, número de unidades e valoración).

Deste xeito, a suma de todo o que rexistraramos, segundo o seu valor económico, será o valor do inventario, e tamén servirá como inventario inicial do ano seguinte.

CONSELLOS PARA FACER UN INVENTARIO CON FACILIDADE.
Realizar un inventario pode parecer unha tarefa complicada. Porén, ten en conta estes tips cos que che resultará máis fácil:

  1. Establece un método para contar dependendo o sector da túa empresa e o volume dos produtos.
  2. Valora de forma correcta os inventarios axustándote aos prezos.
  3. Usa programas informáticos tanto na xestión de almacén, como no control de inventario.
  4. Implanta métodos de control de fiabilidade do inventario.

Realiza inventarios en datas onde o almacén estea o máis baleiro posible e o volume de entradas e saídas sexa máis baixo.

COMO FAGO UNHA VALORACIÓN DE EXISTENCIAS?
É probable que durante o ano, as materias primas cambiaran o seu prezo e, polo tanto, se mercaran ou venderan a prezos diferentes. Entón, que prezo debo darlle ao produto que aínda está no almacén? Existen diferentes métodos de valoración de existencias, pero soamente deberemos empregar un:

  • Método FIFO (First In First Out): O prezo máis antigo pagado durante ese ano.
  • Método LIFO (Last In First Out): O prezo da última compra realizada.
  • Método NIFO (Nest In Firt Out): O prezo será o que paguemos no futuro para repoñer ese produto.
  • Custo medio: Calcularemos a media de todos os prezos que pagamos por ese produto.

Prezo medio ponderado. Calcularemos a media entre todos o prezos, pero teremos en conta o número de unidades mercadas a cada prezo e a media será por unidades.

COMO IMPUTO A DIFERENCIA DE VALOR DOS PRODUTOS?
Unha vez que rematamos o inventario, é necesario que imputemos a diferenza de valor como ingreso ou gasto con respecto ao inventario de inicio, segundo sexa maior ou menor ao valor do inventario final.

Para isto, hai que utilizar a conta de variación de existencias realizando dous pasos:

  1. Saldar o valor da conta de existencias que tiña ao principio do ano.
  2. Imputar o valor que ten segundo o noso inventario final á mesma conta.

Unha vez realizados, o saldo da conta integrarase (como todas as contas de ingresos e gastos) á conta de Perdas e Ganancias. Como último paso, aumentará ou reducirá o resultado contable.

Artigos Relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *